Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Kalin

Kalin

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Kalin, o pequeno milagre 💚 Este é Kalin, un bebé que apareceu cheo de gusanos e ao que houbo que levar de urxencias de madrugada. A veterinaria tivo que retirarlle un por un con pinzas, e non sabíamos se sairía adiante. Hoxe está guapísimo, forte e medrando día a día, grazas ao agarimo e coidados da súa casa de acollida.

Quero Adoptar!
Corme

Corme

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Hoxe queremos presentarvos a Corme, un gatiño moi especial. Foi atropelado no porto de Corme e estivo 11 días escondido nun tubo, loitando por sobrevivir. Os rapaces que deron o aviso non só chamaron: tamén foron quen de sacalo e, ademais, agora téñeno en acollida para a súa recuperación. A Corme houbo que amputarlle unha patiña dianteira porque a tiña destrozada, e tamén lle colocaron un cerclaxe na mandíbula rota. Rescatamos moitos animais desa zona e dese concello (Ponteceso), e dóenos que só dúas persoas valoren o noso labor. Non é só avisar: é importante lembrar que, se pedes axuda, tamén hai que corresponder. 🙏 Grazas de corazón a Mery e á súa familia por implicárvos desde o primeiro segundo.

Quero Adoptar!
Curry

Curry

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Este é Curry, rescatado en Oza. Cando chegou tiña os olliños moi mal e estaba cheo de pulgas e carrachas. Durante o tempo de corentena recuperouse, puxóuse guapísimo e amosou a súa verdadeira personalidade: é moi agarimoso e xoguetón. Xa está vacunado (1ª dose) e testado negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina. Agora só lle falta o máis importante: unha familia que o protexa e o queira para sempre. 📍 Está en Carballo (A Coruña) Grazas por axudarnos a darlles unha segunda oportunidade ❤️

Quero Adoptar!
Ambar

Ambar

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: Gato Carey

Estado: en adopción

Historia

Ámbar, unha xoia tricolor que busca familia 💛🤍🖤 Presentámosvos a Ámbar, unha gatiña tricolor de arredor de 4 mesiños. Xa recibiu as dúas doses de vacinas correspondentes e o test de enfermidades deu negativo. É unha pequena moi xoguetona, agarimosa e chea de vida. Cada vez que alguén adopta a un dos nosos peques, dános a oportunidade de seguir rescatando e coidando a outros animais —grandes e pequenos— que aínda loitan por sobrevivir na rúa. Este ano está sendo especialmente duro pola cantidade de gatiños que aparecen cada día, pero non perdemos a esperanza. Confiamos en que, ao outro lado da pantalla, alguén se namore da nosa pequena Ámbar e lle dea a vida feliz que merece. 📍 Está en Carballo (A Coruña) Grazas de corazón por axudarnos a axudar. ❤️

Quero Adoptar!
Paco

Paco

Idade: 13

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Paco é un gatiño marabilloso de 13 anos que sempre viviu coa súa humana desde que era un bebé. Son unha desas parellas que se entenden sen palabras. Pero a vida ás veces dá reviravoltas duras: a súa mami humana está atravesando un problema de saúde grave, e con todo o amor (e a alma rota) pediunos axuda para atoparlle a mellor familia posible. 💔 Paco está esterilizado, vacinado, desparasitado e goza dunha saúde estupenda para a súa idade. É tranquilo, sociable, acostumado a vivir con cans e nenos. E por enriba, a súa humana está disposta a seguir facéndose cargo dos seus gastos se é preciso: penso, area, desparasitación... O único que pide é que Paco siga sendo feliz, querido e acompañado. Como o foi durante estes 13 anos. Está na Coruña, esperando que alguén lle abra as portas do seu fogar. 📩 Escríbenos por mensaxe privada se queres cambiar a súa vida.

Quero Adoptar!
Adela

Adela

Idade: 2

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Pastor Alemán

Estado: en adopción

Historia

Adela é unha pastora alemá de traballo, nova —ten uns dous aniños—, e unha enerxía que mestura intelixencia, forza e nobreza. É moi cariñosa coas persoas, e sociable na maioría dos casos. Con outros cans, depende: hai quen lle cae ben e quen non, como nos pasa tamén ás persoas. Por iso, precisa unha presentación adecuada, ou un compañeiro can que sexa compatible e tranquilo. Leva tempo esperando a súa segunda oportunidade. A súa mirada fálanos de todo o que viviu e todo o que merece. Se tes experiencia con cans ou estás disposta a facer un proceso guiado, Adela pode ser a mellor compañeira que te imaxinas. Está lista para comezar unha nova vida. Estás ti preparada para compartila con ela?

Quero Adoptar!