Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Trosky
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Trosky é un pequechelo simpático, divertido e máis espelido que o pan quente! Sempre está disposto a xogar, correr, explorar... e dar lambetadas. É deses cachorros que se fan querer dende o primeiro segundo. Moi sociable e curioso, será un compañeiro inseparable para quen busque alegría, movemento e moito amor canino. 🔸 2 meses e medio 🔸 Vacinado (2 doses) 🔸 Tamaño mediano de adulto (aprox. 20 kg) 📍 En Carballo (A Coruña), soñando co seu fogar definitivo 🐾

Wanda
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Wanda é unha cachorriña alegre, curiosa e moi doce. A súa pelaxe clara e esponxosa xa chama a atención, pero o que realmente conquista é a súa forma de mirar: tranquila, confiada e chea de tenrura. Gústalle explorar o mundo paseniño, con cautela, pero sen medo. É perfecta para quen busque unha cadeliña equilibrada, agarimosa e con moitas ganas de aprender e compartir. 🔸 2 meses e medio 🔸 Vacinada (2 doses) 🔸 Tamaño mediano de adulta (aprox. 20 kg) 📍 En Carballo (A Coruña), buscando familia 💛

Kira
Idade: 7
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Golden Retriever
Estado: en adopción
Historia
🐾 Kira: unha golden retriever cun corazón enorme 🐾 Kira é unha preciosa golden retriever nacida en 2018 que, pese a ter pasado por unha vida moi dura, mantén intacto o seu carácter cariñoso e doce. Desde que foi rescatada o 1 de maio de 2025, está aprendendo a andar con correa, tamén estamos a revisar como se leva con outros animais e ela está a descubrir que o mundo tamén pode ser bonito e seguro. Agora mesmo, Kira xa ten chip, está desparasitada e castrada. Busca unha familia que lle dea unha segunda oportunidade, que a acompañe nesta nova etapa e que lle dea todo o amor que merece. 👉 Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres saber máis ou coñecer a Kira, escríbenos!

Pan
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Presentámosvos a Pan 🐾 Este pequeñiño foi recollido no cuartel da Garda Civil en Carballo. Desde o primeiro momento está facendo o que mellor sabe: ronronear e amasar a súa mantita 💛. Necesita urxentemente unha casa de acollida para facer a súa cuarentena con seguridade. É un amorciño e estamos seguras de que vai conquistar a quen lle dea unha oportunidade. 👉 Estamos en Carballo (A Coruña). Escríbenos se podes acoller ou se queres saber máis sobre Pan!

Mamá Tricolor e Bebé Rubiño
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Comun
Estado: en acollida
Historia
🐾 Unha mamá e o seu bebé, caídos do ceo (ou non) 🐾 Esta pequena familia apareceu “en paracaídas” nunha zona de Carballo (sarcasmo, claro, porque xa sabemos como acaban na rúa…). O rubiño é macho, moi asustado, e a mamá tricolor é unha auténtica amorosa. Necesitamos urxentemente unha casa de acollida para os dous, onde poidan estar tranquilos mentres se poñen ao día no veterinario. 🔸 Cando estean listos, poñeranse en adopción. 🔸 Sabemos que o soño sería atopar unha adopción conxunta… pero tamén sabemos que iso case nunca pasa. Aínda así, non perdemos a esperanza 💛. 👉 Estamos en Carballo (A Coruña). Se podes acoller ou estás interesada/o en adoptar, escríbenos. Tamén nos axudas moito compartindo!

Elfo Lególas
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Elfo Légolas, un pequeno loitador 🐾 Este pequeñiño apareceu atrapado nunha alcantarilla en Laracha. Por sorte, unhas mozas escoitaron os seus miados e lograron rescatalo. Agora está a salvo co noso equipo, pero necesita unha casa de acollida urxente. En menos de 24 horas chegaron a nós tres gatiños… e sinceramente, así non podemos seguir. É época de camadas na rúa, pero tamén de camadas procedentes de particulares que dan as crías sen control, sen decatarse de que moitas veces eses bebés acabarán abandonados cando medren. Cada semana recibimos chamadas de particulares querendo deixarnos os seus gatos: gatos que foron bebés, que deron agarimo e compañía, pero que agora, de adultos, xa non encaixan nas súas vidas. As desculpas cada vez son máis absurdas. 👉 Elfo Légolas necesita unha acollida de 8-10 días para poder curar os seus olliños, que precisan medicación. Se queres e podes axudar, ponte en contacto con nós a través da páxina. Estamos en Carballo (A Coruña). Axúdanos a darlle a Elfo a segunda oportunidade que merece 💛.
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- …
- 7
- Seguinte ›