Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Mérida
Idade: 0.1
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Presentámosvos a Mérida 🐾 Esta pequena guerreira chegou a nós co nome perfecto: Mérida, coma a valente princesa da película. É unha gatiña cunha mirada curiosa e uns olliños que prometen historias e aventuras. Aparentemente está sanotiña, pero para asegurarnos de que todo vai ben, necesita pasar uns días de cuarentena antes de poder vacinar e testar. Se todo marcha segundo o previsto, xa ten reservada unha familia que quere ampliar a súa tribo gatuna 💛. 👉 Mentres tanto, estamos buscando unha casa de acollida para ela: un lugar seguro onde poida descansar, desparasitarse e facer a súa cuarentena con moito agarimo. Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres botar unha man a Mérida e darlle ese pequeno espazo temporal (ou se estás interesada en adoptar no futuro), escríbenos. Mérida agarda por ti cun miaghiño 💕.

Felix
Idade: 6
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Comun
Estado: en adopción
Historia
Félix busca un fogar definitivo Hai xa anos que rescatamos a Félix. O seu estado naquel momento era tan terrible que preferimos non lembrar os detalles... era inhumano. Desde entón, Félix non conseguiu recuperar a mobilidade das patiñas traseiras e tampouco controla esfínteres, polo que precisa que lle vacíen a vexiga varias veces ao día. A pesar diso, non sente dor e é un gato extraordinariamente cariñoso, agradecido e doce. Viviu estes tres anos no hospital, xa que o ritmo de traballo do equipo e as responsabilidades da asociación non nos permiten darlle a atención que necesita. Alí roubou o corazón de todas as persoas que o coñeceu. Félix merece un milagre. Merece unha casa. Está en A Coruña e buscamos acollida indefinida ou adopción para el. Se cres que podes ofrecérllelo, escríbenos. Acompañarémoste na primeira visita para que poidas coñecelo e os seus veterinarios explicaranche encantados como se fai o vaciado. Non é difícil, só require compromiso e amor. Queremos o mellor para Félix, e iso é un fogar estable onde poida ser feliz e querido

Soul
Idade: 6
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mix de Pastor Aleman
Estado: en adopción
Historia
Soul é unha femia mestiza de Pastor Alemán realmente encantadora. É sociable coas persoas, agarimosa e moi doce. Leva xa uns anos con nós e merece por fin esa oportunidade que tanto busca. Ten arredor de 6-7 anos e é apta para vivir nun piso, sempre que reciba a actividade diaria que precisa. Aínda así, sería ideal para un fogar con terreo onde poida desfrutar da natureza e da compañía. Buscamos para ela unha familia responsable que lle dea todo o amor que ten gardado para dar.

Troy
Idade: 5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mix de Pastor Alemán
Estado: en adopción
Historia
En adopción: Troy 🥰 Troy é unha auténtica marabilla de canciño. De tamaño mediano, é moi agarimoso coas persoas e sociable cos demais compañeiros. Levamos anos buscando para el unha familia responsable que lle dea ese fogar definitivo que tanto merece. Ten arredor de 5 aniños.

Kao
Idade: 5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Kao: un cachiño de pan que busca un fogar Kao é un perriño adorable e sociábel, duns 5 aniños, que só quere ter a oportunidade de ser feliz. Estivo en situación de abandono xunto ao seu compañeiro, pero a crueldade dos humanos fixo que acabasen na estrada... e tristemente, o seu compañeiro foi atropelado e faleceu. Kao sobreviveu, e agora merece todo o amor do mundo. Está en Carballo (A Coruña) e busca unha familia responsable que lle dea un lugar especial. Tamén valoramos casa de acollida temporal. Nós cubrimos os gastos veterinarios. Non pode ser máis simpático e agarimoso. Se lle dás unha oportunidade, gañarás un amigo para sempre

Area
Idade: 4
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestiza
Estado: en adopción
Historia
Area é unha cadeliña marabillosa: alegre, moi mimosiña, sociábel e cun carácter encantador. Lévase xenial con outros cans e ten entre 4 e 5 aniños. ¿Vives nun piso ou nunha casa con finca? ¡Ela adáptase! Encántanlle os bos paseos e vai de marabilla coa correa. Pode ir en acollida temporal ou en adopción. As casas de acollida teñen todos os gastos veterinarios cubertos. Se queres abrirlle as portas da túa casa e do teu corazón, escríbenos. Fálle un oquiño a esta preciosidade... ¡e gañarás unha amiga fiel para toda a vida! Está castrada, vacinada e lista para coñecerte. Carballo, A Coruña.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- …
- 9
- Seguinte ›