Adela

Adela

Adela

Quero adoptalo!

Idade: 2 anos

Sexo: Femia

Raza: Pastor Alemán

Estado: en adopción

Historia

Adela é unha pastora alemá de traballo, nova —ten uns dous aniños—, e unha enerxía que mestura intelixencia, forza e nobreza.

É moi cariñosa coas persoas, e sociable na maioría dos casos. Con outros cans, depende: hai quen lle cae ben e quen non, como nos pasa tamén ás persoas. Por iso, precisa unha presentación adecuada, ou un compañeiro can que sexa compatible e tranquilo.

Leva tempo esperando a súa segunda oportunidade. A súa mirada fálanos de todo o que viviu e todo o que merece. Se tes experiencia con cans ou estás disposta a facer un proceso guiado, Adela pode ser a mellor compañeira que te imaxinas.

Está lista para comezar unha nova vida. Estás ti preparada para compartila con ela?

Vídeo

Quero adoptalo!

Queres axudar?