Am

Am

Am

Quero adoptalo!

Idade: 7 anos

Sexo: Femia

Raza: raza

Estado: en adopción

Historia

🐾 Am, a gata que sobreviviu cando todo caía ao seu redor

Hai uns meses chegaban a nós Si e Am, dúas irmás siamesas de 7 anos, acompañadas de Trasto e Trasno, dous irmáns de 4 anos cruce de siamés. Viñan dunha situación de violencia de xénero, entregados nun estado físico lamentable.

A historia non tivo un comezo feliz:
Trasno e Trasto faleceron aos poucos días. Tiñan a boca destrozada por úlceras, vomitaban sangue… foron ingresados, loitouse por eles, pero non puideron resistir.
Si e Am tamén enfermaron, coas mesmas feridas na boca e vómitos continuos. Estiveron ingresadas e, aínda que melloraron, Si recaeu ás dúas semanas e as analíticas confirmaron o peor. Tivemos que deixala marchar con toda a dignidade que merece.

Am foi a única que non volveu caer. Desde o primeiro día mostrou unha forza enorme. Foi a máis sociable, cariñosa e confiada.
Non sabemos se foi o estrés, o abandono ou anos de coidados precarios. Pero si sabemos que eles merecían outra saída, e que Am merece un novo comezo.

🔹 Está testada dúas veces, esterilizada, vacinada e completamente recuperada.
🔹 É doce, mimosa e adora o contacto humano.

💜 Buscamos para ela un fogar onde volver sentirse parte dunha familia, onde esquecer todo o vivido e volver durmir tranquila nun sofá.

📍 Está en Carballo.

Quero adoptalo!

Queres axudar?