
Ambar
Quero adoptalo!Sexo: Femia
Raza: Gato Carey
Estado: en adopción
Historia
Ámbar, unha xoia tricolor que busca familia 💛🤍🖤
Presentámosvos a Ámbar, unha gatiña tricolor de arredor de 4 mesiños. Xa recibiu as dúas doses de vacinas correspondentes e o test de enfermidades deu negativo.
É unha pequena moi xoguetona, agarimosa e chea de vida. Cada vez que alguén adopta a un dos nosos peques, dános a oportunidade de seguir rescatando e coidando a outros animais —grandes e pequenos— que aínda loitan por sobrevivir na rúa.
Este ano está sendo especialmente duro pola cantidade de gatiños que aparecen cada día, pero non perdemos a esperanza. Confiamos en que, ao outro lado da pantalla, alguén se namore da nosa pequena Ámbar e lle dea a vida feliz que merece.
📍 Está en Carballo (A Coruña)
Grazas de corazón por axudarnos a axudar. ❤️