
Andrea
Quero adoptalo!Idade: 0.9 anos
Sexo: Femia
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Esta beleza de panteriña chámase Andrea! Ten só 9 mesiños e xa está preparada para atopar unha familia responsable de adopción. É unha gatiña moi cariñosa, agarimosa e sociable con outros gatos. Encántalle durmir no colo, recibir atención e mimos, e compartir espazos con outros felinos, polo que é perfecta para un fogar onde xa haxa máis gatos.
Está testada (negativa a inmunodeficiencia e leucemia), vacinada, desparasitada e pronto será esterilizada. É unha compañeira ideal para quen queira un corazón felino cheo de tenrura e bo carácter.