
Apolo
Quero adoptalo!Idade: 1 anos
Sexo: Macho
Raza: Mix de Mastín
Estado: en adopción
Historia
Apolo, o xigante doce que agarda o seu fogar
Apolo é un cruce de mastín aínda moi novo, que apareceu hai uns meses en Laxe buscando refuxio, cariño e unha segunda oportunidade.
Dende o primeiro día conquistou os nosos corazóns. É un amor de can: tranquilo, obediente, e cun carácter tenro que o fai irresistible. Aínda que goza da calma, tamén lle encanta correr e xogar cos máis peques, aos que trata cun respecto e delicadeza que nos deixa abraiadas.
Levar a correa aínda lle custa un pouco, pero está aprendendo con paciencia e moito ánimo. Ten todo para ser un compañeiro de vida exemplar.
💛 Apolo busca un fogar definitivo, preferiblemente cunha finca onde poida estirar as patas, pero o máis importante é que teña unha familia que o queira como merece.
Está en acollida en Carballo