
Chema
Quero adoptalo!Idade: 0.3 anos
Sexo: Macho
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Historia do peludo🐾 Este guapo é Chema 🐾
Alguén decidiu “esquecelo” nun peche. Así, sen máis.
Chema chegou cargadiño de parasitos internos e externos, froito dunha irresponsabilidade que, por desgraza, seguimos vendo demasiado a miúdo.
Hoxe iso xa é pasado: está completamente desparasitado, ten posta a súa primeira vacina e conta co seu correspondente microchip. É dicir, xa ten cuberto o básico que todo animal debería ter dende o principio.
Unha vez máis queda en evidencia a falta de responsabilidade humana: femias sen esterilizar parindo de maneira continua, cachorros que se “regalan” cando hai sorte… e os demais, abandonados á súa propia sorte.
Chema xa está listo para atopar unha familia que o coide como merece, que entenda que o compromiso non remata coa adopción e que será necesario continuar co proceso veterinario: vacinacións, desparasitacións e a súa futura esterilización.
📌 Idade: 3 meses
📌 Peso actual: 3,5 kg
📌 Raza e tamaño adulto: non o sabemos (iso só o sabe quen decidiu abandonalo)