
Claudia
Quero adoptalo!Sexo: Femia
Raza: Carey
Estado: en acollida
Historia
Localización: Carballo (A Coruña)
Necesita: Casa de acollida sen outros gatos.
Historia:
Claudia apareceu unha mañá en Coristanco, completamente desorientada, cunha infección nos olliños e sen forzas. Estaba soa, moi pequena e moi enferma. Grazas ao aviso de Belén e á resposta inmediata de Lola e Sandra, puidemos guiala cara a un lugar seguro, recollela e levala á clínica.
Foi bautizada como Claudia, e dende ese momento comezou a súa nova oportunidade. Está en tratamento e necesita repouso, calor e agarimo para seguir recuperándose.
O que máis precisa agora é unha casa de acollida sen outros gatos, onde poida curarse sen estrés. A asociación encárgase dos gastos veterinarios; só pedimos un fogar temporal onde se sinta querida.
💛 Se queres darlle unha man (ou mellor dito, unha pata) a Claudia, escríbenos. Axudala é salvar unha vida.