
Coque
Quero adoptalo!Idade: 10 anos
Sexo: Macho
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Coque apareceu hai un ano na zona do cemiterio de Bertoa, e dende entón está con nós. Calculamos que ten uns 10 anos, pero conserva a enerxía e a curiosidade dun cachorro… con moita máis educación e calma.
É un can moi sociable: lévase ben con outros cans, gatos e, por suposto, con persoas. Ten un carácter tranquilo, busca o contacto humano e encanta lle pasear ou descansar ao sol sen máis preocupacións.
💛 Que necesita?
Un fogar onde rematar de vivir a súa vida rodeado de amor e respecto. Un sofá, un paseo diario e moitas caricias: iso é todo o que pide.
Está en Carballo A Coruña