
Corme
Quero adoptalo!Sexo: Macho
Raza: gato común
Estado: en adopción
Historia
Hoxe queremos presentarvos a Corme, un gatiño moi especial.
Foi atropelado no porto de Corme e estivo 11 días escondido nun tubo, loitando por sobrevivir. Os rapaces que deron o aviso non só chamaron: tamén foron quen de sacalo e, ademais, agora téñeno en acollida para a súa recuperación.
A Corme houbo que amputarlle unha patiña dianteira porque a tiña destrozada, e tamén lle colocaron un cerclaxe na mandíbula rota.
Rescatamos moitos animais desa zona e dese concello (Ponteceso), e dóenos que só dúas persoas valoren o noso labor. Non é só avisar: é importante lembrar que, se pedes axuda, tamén hai que corresponder.
🙏 Grazas de corazón a Mery e á súa familia por implicárvos desde o primeiro segundo.