Elfo

Elfo

Elfo

Quero adoptalo!

Sexo: Macho

Raza: Gato Común

Estado: en acollida

Historia

🐾 Elfo Légolas, un pequeno loitador 🐾

Este pequeñiño apareceu atrapado nunha alcantarilla en Laracha. Por sorte, unhas mozas escoitaron os seus miados e lograron rescatalo. Agora está a salvo co noso equipo, pero necesita unha casa de acollida urxente.

En menos de 24 horas chegaron a nós tres gatiños… e sinceramente, así non podemos seguir. É época de camadas na rúa, pero tamén de camadas procedentes de particulares que dan as crías sen control, sen decatarse de que moitas veces eses bebés acabarán abandonados cando medren.

Cada semana recibimos chamadas de particulares querendo deixarnos os seus gatos: gatos que foron bebés, que deron agarimo e compañía, pero que agora, de adultos, xa non encaixan nas súas vidas. As desculpas cada vez son máis absurdas.

👉 Elfo Légolas necesita unha acollida de 8-10 días para poder curar os seus olliños, que precisan medicación. Se queres e podes axudar, ponte en contacto con nós a través da páxina.

Estamos en Carballo (A Coruña). Axúdanos a darlle a Elfo a segunda oportunidade que merece 💛.

Vídeo

Quero adoptalo!

Queres axudar?