
Felix
Quero adoptalo!Idade: 6 anos
Sexo: Macho
Raza: Gato Comun
Estado: en adopción
Historia
Félix busca un fogar definitivo
Hai xa anos que rescatamos a Félix. O seu estado naquel momento era tan terrible que preferimos non lembrar os detalles... era inhumano.
Desde entón, Félix non conseguiu recuperar a mobilidade das patiñas traseiras e tampouco controla esfínteres, polo que precisa que lle vacíen a vexiga varias veces ao día.
A pesar diso, non sente dor e é un gato extraordinariamente cariñoso, agradecido e doce.
Viviu estes tres anos no hospital, xa que o ritmo de traballo do equipo e as responsabilidades da asociación non nos permiten darlle a atención que necesita. Alí roubou o corazón de todas as persoas que o coñeceu.
Félix merece un milagre. Merece unha casa.
Está en A Coruña e buscamos acollida indefinida ou adopción para el. Se cres que podes ofrecérllelo, escríbenos. Acompañarémoste na primeira visita para que poidas coñecelo e os seus veterinarios explicaranche encantados como se fai o vaciado.
Non é difícil, só require compromiso e amor.
Queremos o mellor para Félix, e iso é un fogar estable onde poida ser feliz e querido