
James
Quero adoptalo!Sexo: Macho
Raza: Bichón Maltés
Estado: en adopción
Historia
Idade: Pendiente de valoración
Tamaño: pequeno
James foi cedido pola familia do seu anterior humano. A súa dona faleceu, e o fillo decidiu levalo á perreira. Alguén quixo darlle unha oportunidade, pero non encaixaron. Non por maldade, senón por falta de entendemento e por unha historia pasada que pesa.
Sospeitamos que James viviu pechado nun espazo reducido (quizais unha terraza), e posiblemente foi maltratado en algún momento. Ten medo a obxectos como escobas e desconfianza cara a determinados homes. Tamén ladra ás bicicletas ou a persoas correndo, signos que nos falan de inseguridade e aprendizaxes erróneas.
Como é James?
Un can moi intelixente, sociable e cariñoso. Activo, alerta e con moitas ganas de facer cousas. Pero necesita guía. Non se lle puxeron límites no seu momento, e agora busca unha persoa que lle ofreza seguridade, espazo para correr e normas claras.
Estamos organizando unha valoración profesional para axudalo a avanzar.
💛 Que precisa?
Un fogar con terreo, unha persoa con carácter e corazón, e sobre todo, compromiso para axudalo a recuperar a confianza e canalizar a súa enerxía de forma positiva.