
Kira
Quero adoptalo!Idade: 7 anos
Sexo: Femia
Raza: Golden Retriever
Estado: en adopción
Historia
🐾 Kira: unha golden retriever cun corazón enorme 🐾
Kira é unha preciosa golden retriever nacida en 2018 que, pese a ter pasado por unha vida moi dura, mantén intacto o seu carácter cariñoso e doce. Desde que foi rescatada o 1 de maio de 2025, está aprendendo a andar con correa, tamén estamos a revisar como se leva con outros animais e ela está a descubrir que o mundo tamén pode ser bonito e seguro.
Agora mesmo, Kira xa ten chip, está desparasitada e castrada. Busca unha familia que lle dea unha segunda oportunidade, que a acompañe nesta nova etapa e que lle dea todo o amor que merece.
👉 Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres saber máis ou coñecer a Kira, escríbenos!