
Lio
Quero adoptalo!Sexo: Macho
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Lío, o mini terremoto que fai a festa el só
Lío ten uns dous meses e medio, pero xa ten claro cal é o seu papel no mundo: repartir alegría e facer festa alá onde vaia.
Déronlle a primeira dose da vacina e é negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina, así que está preparado para empezar a súa nova vida.
Cada vez que o vemos en acción lembramos esa frase tan galega que lle vai como anel ao dedo: “fai a festa e está a ela”.
Lío non precisa escusa para xogar, explorar ou inventarse aventuras. Pode estar só ou acompañado, a el dálle igual: sabe pasalo ben en calquera situación.
Se queres un pouco de Lío na túa vida, xa sabes…
Está en Carballo