
Lobito
Quero adoptalo!Idade: 1.5 anos
Sexo: Macho
Raza: Mestizo Mastin
Estado: en adopción
Historia
Lobito ten só 15 meses. O seu humano faleceu, e a familia di que non pode facerse cargo.
Un caso máis de herdanza que non inclúe empatía.
Probablemente veu dunha desas casas onde segue viva a idea neandertal de que castrar é antinatural, sen pensar no benestar real do animal.
Segundo contan, Lobito lévase ben con outros cans e con gatos, pero sabemos que agora mesmo está desorientado, triste e botando de menos á súa persoa.
É un cruce de mastín, está vacinado é castrado
Busca unha familia que o coide de verdade. Para sempre.
Non é un peluche… aínda que algún día o foi para alguén. E por iso merece exactamente os mesmos dereitos —ou máis— que calquera cachorro de portada.