
Lucía
Quero adoptalo!Idade: 4 anos
Sexo: Femia
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Lucía é unha gata adulta e cariñosa que foi abandonada hai uns días en Carballo. A súa familia decidiu desprenderse dela ao mudarse, escollendo un piso onde non se admitían animais, a pesar de existir outras opcións.
Lucía fora un regalo hai 4 anos. Hoxe, como tantos animais adultos, converteuse en “un estorbo” para quen a debía coidar. Agora busca un fogar onde si a valoren e comprendan que adoptar é un compromiso para toda a vida.
Está vacinada, castrada, test negativo e convive ben con outros gatos. Unha gata tranquila e chea de amor que merece unha segunda oportunidade.