
Mérida
Quero adoptalo!Idade: 0.1 anos
Sexo: Femia
Raza: Gato común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Presentámosvos a Mérida 🐾
Esta pequena guerreira chegou a nós co nome perfecto: Mérida, coma a valente princesa da película. É unha gatiña cunha mirada curiosa e uns olliños que prometen historias e aventuras.
Aparentemente está sanotiña, pero para asegurarnos de que todo vai ben, necesita pasar uns días de cuarentena antes de poder vacinar e testar. Se todo marcha segundo o previsto, xa ten reservada unha familia que quere ampliar a súa tribo gatuna 💛.
👉 Mentres tanto, estamos buscando unha casa de acollida para ela: un lugar seguro onde poida descansar, desparasitarse e facer a súa cuarentena con moito agarimo.
Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres botar unha man a Mérida e darlle ese pequeno espazo temporal (ou se estás interesada en adoptar no futuro), escríbenos. Mérida agarda por ti cun miaghiño 💕.