
Muiño
Quero adoptalo!Idade: 2 anos
Sexo: Macho
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Este rapaz tan guapo chámase Muiño.
Abandonar un animal é sempre un acto cruel.
Pero a gravidade dese acto medímola polas circunstancias… e o de Muiño foi especialmente duro: deixárono diante dunha casa onde viven cans que non toleran gatos. A súa sorte foi a reixa que os separaba.
Muiño ten un carácter espectacular: é sociable con persoas e con outros gatos, xogador, traste e simpático coma el só.
Está castrado, vacinado, desparasitado e testado negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina. Calculamos que ten entre 2 e 3 aniños.
E por se fose pouco… non lle ten medo aos cans, ao contrario: achégase con curiosidade e cordialidade.
---
Por que adoptar un gato adulto?
Porque xa coñecemos o seu carácter, o seu estado de saúde e, malia o que moita xente pensa, adáptanse moi ben ao seu novo fogar.
Se estás buscando un compañeiro perfecto, Muiño é o teu gatiño ideal.
Estamos en Carballo. Escríbenos e coordinamos unha visita para que o coñezas!