Nova

Nova

Nova

Quero adoptalo!

Idade: 1 anos

Sexo: Femia

Raza: Sabueso

Estado: en adopción

Historia

Nova busca unha familia que lle demostre que a vida tamén pode ser amable

Nova é unha cadela descartada por un cazador. Chegou ata nós preñada, cun pasado duro e sen ter coñecido aínda o que significa sentirse segura. Un pequeno milagre de Nadal fixo que atopase unha casa de acollida e, por primeira vez, parecía que a sorte empezaba a cambiar.

Pero a felicidade durounos moi pouco.
O pasado sábado Nova púxose de parto e algo non ía ben. A súa familia de acollida tivo que levala de urxencia ao veterinario, onde foi necesario practicarlle unha cesárea de urxencia. Por desgraza, os seus dous bebés naceron sen vida. Un golpe máis para unha cadela que xa traía moita mochila ás costas.

Agora Nova estase a recuperar, tanto física como emocionalmente. Durante a intervención quedou xa esterilizada, e pouco a pouco vai amosando a cadela boa e sensible que é. Aínda lle custa confiar ao cen por cen, pero sabemos que con tempo, paciencia e cariño converterase nunha compañeira incrible.

Vídeo

Quero adoptalo!

Queres axudar?