Paco

Paco

Paco

Quero adoptalo!

Idade: 13 anos

Sexo: Macho

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Paco é un gatiño marabilloso de 13 anos que sempre viviu coa súa humana desde que era un bebé. Son unha desas parellas que se entenden sen palabras. Pero a vida ás veces dá reviravoltas duras: a súa mami humana está atravesando un problema de saúde grave, e con todo o amor (e a alma rota) pediunos axuda para atoparlle a mellor familia posible.

💔 Paco está esterilizado, vacinado, desparasitado e goza dunha saúde estupenda para a súa idade. É tranquilo, sociable, acostumado a vivir con cans e nenos. E por enriba, a súa humana está disposta a seguir facéndose cargo dos seus gastos se é preciso: penso, area, desparasitación...

O único que pide é que Paco siga sendo feliz, querido e acompañado. Como o foi durante estes 13 anos. Está na Coruña, esperando que alguén lle abra as portas do seu fogar.

📩 Escríbenos por mensaxe privada se queres cambiar a súa vida.

Quero adoptalo!

Queres axudar?