Paco

Paco

Paco

Quero adoptalo!

Idade: 8 anos

Sexo: Macho

Raza: Mix

Estado: en acollida

Historia

A Paco atopouno Eva e chamou para avisarnos. Estaba moi delgado, sen chip, con marcas no pescozo e cun anaco de cadea que contaba todo: o seu pasado foi vivir encadeado.

É un canciño obediente, agarimoso e moi dependente das persoas. Encántanlle os mimiños e corre libre con alegría, aínda que tamén é tranquilo e moi dócil. As veterinarias calculan que ten uns 7-8 anos, aínda que quizais algún máis, porque as cataratas xa comezan a notarse.

Está vacinado e esta semana será castrado. Buscamos para el unha adopción ou unha acollida indefinida antes de que perda por completo a visión. Son 13 quilos de amor que merecen unha xubilación digna.

Quero adoptalo!

Queres axudar?