
Paola
Quero adoptalo!Idade: 0.8 anos
Sexo: Femia
Raza: raza
Estado: en adopción
Historia
Paola apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa.
É unha pequena moi doce, xoguetona e cariñosa 💛
Está testada, vacinada e castrada.
Non se puxo antes en adopción por varios motivos.
Un deles foi que conseguir ese branco nuclear levou o seu tempo ✨
O outro é algo que cada vez pesa máis: todo o mundo quere bebés que en dous meses xa parecen adultos e poden pasar de ser adorables a auténticos torbellinos.
Adoptar un gato de máis de 6 meses é unha opción marabillosa porque:
• O test de enfermidades é completamente fiable
• Xa coñeces o seu carácter
• A adaptación adoita ser máis estable
• Seguen sendo xoguetóns e agarimosos
Darlle unha oportunidade a un gato maior de 6 meses debería ser algo normal…
pero ultimamente está a resultar difícil, case imposible.
Paola agarda a súa familia 🐱💛