
Soul
Quero adoptalo!Idade: 6 anos
Sexo: Femia
Raza: Mix de Pastor Aleman
Estado: en adopción
Historia
Soul é unha femia mestiza de Pastor Alemán realmente encantadora.
É sociable coas persoas, agarimosa e moi doce. Leva xa uns anos con nós e merece por fin esa oportunidade que tanto busca.
Ten arredor de 6-7 anos e é apta para vivir nun piso, sempre que reciba a actividade diaria que precisa. Aínda así, sería ideal para un fogar con terreo onde poida desfrutar da natureza e da compañía.
Buscamos para ela unha familia responsable que lle dea todo o amor que ten gardado para dar.