Tim e Tom

Tim e Tom

Tim e Tom

Quero adoptalo!

Sexo: Macho

Raza: gato Común

Estado: en adopción

Historia

O 11 de maio publicabamos a historia destes dous guapísimos: Tim e Tom, recollidos pola Policía Local de Carballo baixo unha ponte. Dous bebés fráxiles, desorientados e cheos de incerteza.

Hoxe, dous meses e medio despois, grazas á súa marabillosa casa de acollida, están así de fermosos: fortes, sans e con moitas ganas de comezar a súa nova vida.

Agora toca o seguinte paso: atopar un fogar definitivo onde os queiran e coiden como merecen.
Se estás pensando en incorporar un lindo minino á túa familia, Tim e Tom son a parella perfecta: agarimosos, ben socializados e con moito amor que dar (xuntos ou por separado).

Están en Carballo,A Coruña

Quero adoptalo!

Queres axudar?