Tiscar e Lucía

Tiscar e Lucía

Tiscar e Lucía

Quero adoptalo!

Idade: 2 anos

Sexo: Femia

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Tíscar e Lucía: un vínculo que non se pode romper

Tíscar ten uns dous aniños. Lucía, sobre catro. Todo apunta a que son nai e filla, e non hai dúbida de que o seu amor é deses que se sente sen palabras.

Vivían nunha casa do rural onde había galiñas. Nun despiste, fixeron o que faría calquera can: cazaron unha. E por iso os seus “donos” decidiron desfacerse delas… tirándoas vivas a un pozo negro.

Por sorte, unha veciña avisounos a tempo e puidemos rescatalas. Desde entón están a salvo, e demostraron ser dúas cadelas alegres, sociables, cariñosas e cheas de vida. Lévanses xenial con outros cans, sempre están xuntas, e o seu vínculo é tan forte que non imos permitir que se rompa.

Buscamos para elas un fogar conxunto. Alguén que entenda que o amor entre animais tamén conta. Que o que teñen Tíscar e Lucía non se pode explicar, pero si coidar.

Se ti es esa persoa, escríbenos 💌

Vídeo

Quero adoptalo!

Queres axudar?