
Wanda
Quero adoptalo!Sexo: Femia
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
Wanda é unha cachorriña alegre, curiosa e moi doce. A súa pelaxe clara e esponxosa xa chama a atención, pero o que realmente conquista é a súa forma de mirar: tranquila, confiada e chea de tenrura. Gústalle explorar o mundo paseniño, con cautela, pero sen medo. É perfecta para quen busque unha cadeliña equilibrada, agarimosa e con moitas ganas de aprender e compartir.
🔸 2 meses e medio
🔸 Vacinada (2 doses)
🔸 Tamaño mediano de adulta (aprox. 20 kg)
📍 En Carballo (A Coruña), buscando familia 💛