🗓️ Calendario solidario 2026 de O Legado de Max
Xa está á venda o noso calendario solidario 2026… e este ano en dúas versións! Cada exemplar axúdanos a seguir rescatando e coidando peludiños que precisan unha segunda oportunidade.
Dous modelos dispoñibles
📅 Calendario de parede (A4) — 6 €
Perfecto para cociña, despacho ou clase. Vista mensual con espazo para notas.
📆 Calendario de mesa — 8 €
Compacto e práctico para ter sempre os nosos amigos peludos ao carón.
Puntos de venda
- Tenda solidaria O Legado de Max — R/ do Sol, 22 (Carballo)
- Caninmax_coco — R/ Poñente, 30, baixo 2A (Carballo)
- Golosinas Piruleta — Avda. Eduardo Pondal, 16 (Ponteceso)
- Anxouxeres — 689 90 96 68 (pedidos por IG ou FB)
- Hospital Veterinario Atlántico — R/ Zaragoza, 1 (A Coruña)
- Hospital Veterinario Abeiro — R/ Marqués de Amboage, 24 (A Coruña)
- Pescadería Teri Ceán — Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, posto 90 (A Coruña)
Cada calendario é unha pequena gran axuda para seguir alimentando, vacinando e procurando fogar aos nosos animais.
Corre a por el… que voan! 🐶🐱💨
Ligazón copiada ✅