Cea solidaria 22 de novembro · O Legado de Max

🍽️ Cea solidaria · O Legado de Max

Xa temos data! O venres 22 de novembro celebramos a nosa cea solidaria na Parrillada Buenos Aires (A Laracha). Haberá sorteos como todos os anos e opción de menú vegano. ¿Apúntaste?

Cartel da cea solidaria de O Legado de Max: 22 de novembro ás 22:00 na Parrillada Buenos Aires (A Laracha). Menú 35 €, opción vegana e sorteos.

Detalles do evento

📅 Data e hora: 22 de novembro · 22:00

📍 Lugar: Parrillada Buenos Aires (A Laracha)

💶 Prezo: 35 € por persoa

  • Entrantes
  • Churrasco mixto
  • Café
  • Bebidas

* Dispoñible opción de menú vegano.

Para reservar praza podes escribirnos por Instagram, Facebook ou por correo electrónico. As prazas son limitadas: ¡anímate canto antes!

Grazas por apoiar! Cada cea axúdanos a coidar e dar unha segunda oportunidade aos nosos peludiños 💚

Deixa un comentario