🛍️ Fin de tempada: bolsas solidarias en agosto!
Volve unha das campañas que máis éxito ten na nosa tenda solidaria: as bolsas sorpresa!
Desde o 27 de xullo e durante todo o mes de agosto podes achegarte á Rúa Sol nº23 (Carballo) e levarte unha bolsa chea de roupa, calzado e bolsos polo prezo marcado.

📦 Como funciona?
Temos tres tamaños de bolsa para escoller:
- 👉 Pequena: 5 €
- 👉 Mediana: 10 €
- 👉 Grande: 20 €
Podes encher a bolsa coa roupa, zapatos ou bolsos que escollas… todo o que entre, lévalo! E ademais, estarás axudando directamente aos peludiños da nosa protectora.
🕐 Válido durante todo o mes de agosto. Pásate polas nosas instalacións e leva moda solidaria con corazón 💛
🙏 Agradecemos que compartades esta campaña entre amizades e familiares. Canto máis chegue, máis poderemos axudar!
💛 Se queres colaborar doutros xeitos, aquí tes opcións seguras e directas:
📬 Tamén podes facer unha transferencia:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342