Nova busca unha familia para empezar, por fin, unha vida tranquila

Nova é unha cadela descartada por un cazador. Chegou ata nós preñada, cun pasado duro e sen ter coñecido aínda o que significa sentirse segura. Un pequeno milagre de Nadal fixo que atopase unha casa de acollida e, por primeira vez, parecía que a sorte empezaba a cambiar.

Pero a felicidade durounos moi pouco.

O pasado sábado Nova púxose de parto e algo non ía ben. A súa familia de acollida tivo que levala de urxencia ao veterinario, onde foi necesario practicarlle unha cesárea de urxencia. Por desgraza, os seus dous bebés naceron sen vida. Un golpe máis para unha cadela que xa traía moita mochila ás costas.


Así é Nova no día a día

Agora Nova estase a recuperar, tanto física como emocionalmente. Durante a intervención quedou xa esterilizada, e pouco a pouco vai amosando a cadela boa e sensible que é.

Na convivencia diaria é moi limpa na casa e destaca polo seu carácter moi cariñoso. Aínda lle custa confiar ao cen por cen, pero cando se sente segura busca contacto, presenza e afecto.

Nova precisa unha familia que respecte os seus tempos, sen présas nin esixencias, e que lle ofreza estabilidade, rutinas suaves e moito agarimo.

Vídeo de Nova na súa casa de acollida, amosando o seu carácter tranquilo e cariñoso.

Adopción responsable

Nova atópase na Coruña e busca unha familia consciente da súa historia, disposta a acompañala con calma e a ofrecérlle unha segunda oportunidade real.

Se queres coñecela ou estás interesado/a na súa adopción, cubre o seguinte cuestionario: Formulario de adopción

A intervención veterinaria de Nova supuxo unha factura de 1.400 €. Calquera axuda económica, por pequena que sexa, marcará a diferenza.

Podes colaborar cos gastos veterinarios de Nova a través de doazón:

Conta bancaria:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342

💛 Se queres colaborar doutros xeitos, aquí tes opcións seguras e directas:

📬 Tamén podes facer unha transferencia:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342

O Legado de Max · Rescate, acollidas e adopcións en Carballo e arredores. Grazas por estar aí cando máis fai falta.

Deixa un comentario