Novidades en O Legado de Max: Favoritos, Filtros e Móbil!
En O Legado de Max seguimos a traballar para facer a túa experiencia máis fácil, intuitiva e eficaz. Queremos que atopar ao teu futuro compañeiro peludo sexa un camiño sinxelo e incluso divertido.
As novidades que xa podes disfrutar:
❤️ Favoritos con corazón:
Podes marcar os teus peludos favoritos premendo no icono do corazón en cada ficha.
🔍 Filtros avanzados:
Busca por especie, idade, estado, sexo ou palabras clave, todo dende a mesma páxina.
📱 Deseño adaptado a móbil:
A web funciona de marabilla en pantallas pequenas. Rápida, clara e accesible.
⭐ Páxina de favoritos:
Todos os teus animais gardados aparecen xuntos, para que poidas velos e adoptar máis doadamente.
Visita a nova sección de adopcións na nosa páxina de Os Nosos Peludos e proba todas estas funcionalidades.
Estamos a mellorar cada día a sección para que sexa máis visual e útil. E si, sabemos que en ordenadores grandes aínda queda traballo: iremos mellorando tamén a versión de escritorio pouco a pouco.
Se probas estas novas funcionalidades, déixanos un comentario ou comparte a túa experiencia. Todo feedback é benvido!
Grazas por formar parte desta gran familia. Con cada like, adopción ou doazón, axúdasnos a seguir coidando deles. Seguimos!