Fin de semana solidario con O Legado de Max 🐶💙

Este sábado 2 e domingo 3 de agosto estaremos en varios puntos da comarca con postos solidarios, mesas informativas e moita ilusión. Se queres colaborar ou coñecer máis do que facemos, pásate por algún dos eventos!

📍 Feira Mariñeira Artesán de Corme

O sábado 2 e domingo 3, de 11h a 21h, terás o noso posto solidario nesta fermosa feira mariñeira. Artesanía, solidariedade e moitas ganas de sumar polo benestar animal.

Cartel da Feira Mariñeira Artesán de Corme
📍 Feira Mariñeira de Corme · 2 e 3 de agosto · 11h a 21h

📍 Mesa Informativa en Carballo

O sábado 2 estaremos tamén no centro de Carballo cun punto de información e venda solidaria. Un bo momento para coñecer o noso labor e colaborar cun pequeno detalle.

📍 Evento da Protectora de Arteixo

O domingo 3 acompañaremos á Protectora de Animais de Arteixo no seu evento especial, con presenza doutros colectivos e moita solidariedade compartida.

“Estes eventos son moito máis ca postos: son espazos de encontro, de compromiso e de maxia compartida. Grazas por sumar vida cos vosos xestos.”
— O Legado de Max

💛 Grazas por colaborar un ano máis co noso proxecto. Se toca… toca para todas!

📬 Ou se es máis de transferencia de toda a vida:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342

Deixa un comentario