Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Curry

Curry

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: adoptado

Historia

Este é Curry, rescatado en Oza. Cando chegou tiña os olliños moi mal e estaba cheo de pulgas e carrachas. Durante o tempo de corentena recuperouse, puxóuse guapísimo e amosou a súa verdadeira personalidade: é moi agarimoso e xoguetón. Xa está vacunado (1ª dose) e testado negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina. Agora só lle falta o máis importante: unha familia que o protexa e o queira para sempre. 📍 Está en Carballo (A Coruña) Grazas por axudarnos a darlles unha segunda oportunidade ❤️

Quero Adoptar!
Ambar

Ambar

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: Gato Carey

Estado: en adopción

Historia

Ámbar, unha xoia tricolor que busca familia 💛🤍🖤 Presentámosvos a Ámbar, unha gatiña tricolor de arredor de 4 mesiños. Xa recibiu as dúas doses de vacinas correspondentes e o test de enfermidades deu negativo. É unha pequena moi xoguetona, agarimosa e chea de vida. Cada vez que alguén adopta a un dos nosos peques, dános a oportunidade de seguir rescatando e coidando a outros animais —grandes e pequenos— que aínda loitan por sobrevivir na rúa. Este ano está sendo especialmente duro pola cantidade de gatiños que aparecen cada día, pero non perdemos a esperanza. Confiamos en que, ao outro lado da pantalla, alguén se namore da nosa pequena Ámbar e lle dea a vida feliz que merece. 📍 Está en Carballo (A Coruña) Grazas de corazón por axudarnos a axudar. ❤️

Quero Adoptar!
Paco

Paco

Idade: 13

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Paco é un gatiño marabilloso de 13 anos que sempre viviu coa súa humana desde que era un bebé. Son unha desas parellas que se entenden sen palabras. Pero a vida ás veces dá reviravoltas duras: a súa mami humana está atravesando un problema de saúde grave, e con todo o amor (e a alma rota) pediunos axuda para atoparlle a mellor familia posible. 💔 Paco está esterilizado, vacinado, desparasitado e goza dunha saúde estupenda para a súa idade. É tranquilo, sociable, acostumado a vivir con cans e nenos. E por enriba, a súa humana está disposta a seguir facéndose cargo dos seus gastos se é preciso: penso, area, desparasitación... O único que pide é que Paco siga sendo feliz, querido e acompañado. Como o foi durante estes 13 anos. Está na Coruña, esperando que alguén lle abra as portas do seu fogar. 📩 Escríbenos por mensaxe privada se queres cambiar a súa vida.

Quero Adoptar!
Adela

Adela

Idade: 2

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Pastor Alemán

Estado: en adopción

Historia

Adela é unha pastora alemá de traballo, nova —ten uns dous aniños—, e unha enerxía que mestura intelixencia, forza e nobreza. É moi cariñosa coas persoas, e sociable na maioría dos casos. Con outros cans, depende: hai quen lle cae ben e quen non, como nos pasa tamén ás persoas. Por iso, precisa unha presentación adecuada, ou un compañeiro can que sexa compatible e tranquilo. Leva tempo esperando a súa segunda oportunidade. A súa mirada fálanos de todo o que viviu e todo o que merece. Se tes experiencia con cans ou estás disposta a facer un proceso guiado, Adela pode ser a mellor compañeira que te imaxinas. Está lista para comezar unha nova vida. Estás ti preparada para compartila con ela?

Quero Adoptar!
Tiscar e Lucía

Tiscar e Lucía

Idade: 2

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Tíscar e Lucía: un vínculo que non se pode romper Tíscar ten uns dous aniños. Lucía, sobre catro. Todo apunta a que son nai e filla, e non hai dúbida de que o seu amor é deses que se sente sen palabras. Vivían nunha casa do rural onde había galiñas. Nun despiste, fixeron o que faría calquera can: cazaron unha. E por iso os seus “donos” decidiron desfacerse delas… tirándoas vivas a un pozo negro. Por sorte, unha veciña avisounos a tempo e puidemos rescatalas. Desde entón están a salvo, e demostraron ser dúas cadelas alegres, sociables, cariñosas e cheas de vida. Lévanses xenial con outros cans, sempre están xuntas, e o seu vínculo é tan forte que non imos permitir que se rompa. Buscamos para elas un fogar conxunto. Alguén que entenda que o amor entre animais tamén conta. Que o que teñen Tíscar e Lucía non se pode explicar, pero si coidar. Se ti es esa persoa, escríbenos 💌

Quero Adoptar!
Pluma

Pluma

Idade: 0.9

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Setter

Estado: en adopción

Historia

Plumas chegou a nós despois de que a entregase un rapaz. Naceu nunha camada inesperada, e na súa primeira etapa de vida sufriu un accidente: a súa nai, sen querer, pisouna, provocándolle danos graves nun ollo. Foi operada, pero perdeu gran parte da visión do ollo dereito. A pesar diso, Plumas é unha cachorriña chea de enerxía, con moitas ganas de vivir e de explorar o mundo ao seu ritmo. É moi sociable con outros cans —sumisa, respectuosa e xoguetona— e cos gatos simplemente… ignóraos. 💛 Que precisa Plumas? Unha familia activa, con tempo e espazo para darlle paseos, xogo e cariño. A súa visión non lle impide facer vida normal, pero si necesita un entorno seguro, rutinas claras e persoas que non lle vexan o defecto, senón a forza.

Quero Adoptar!