Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖
Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Elfo Lególas
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Elfo Légolas, un pequeno loitador 🐾 Este pequeñiño apareceu atrapado nunha alcantarilla en Laracha. Por sorte, unhas mozas escoitaron os seus miados e lograron rescatalo. Agora está a salvo co noso equipo, pero necesita unha casa de acollida urxente. En menos de 24 horas chegaron a nós tres gatiños… e sinceramente, así non podemos seguir. É época de camadas na rúa, pero tamén de camadas procedentes de particulares que dan as crías sen control, sen decatarse de que moitas veces eses bebés acabarán abandonados cando medren. Cada semana recibimos chamadas de particulares querendo deixarnos os seus gatos: gatos que foron bebés, que deron agarimo e compañía, pero que agora, de adultos, xa non encaixan nas súas vidas. As desculpas cada vez son máis absurdas. 👉 Elfo Légolas necesita unha acollida de 8-10 días para poder curar os seus olliños, que precisan medicación. Se queres e podes axudar, ponte en contacto con nós a través da páxina. Estamos en Carballo (A Coruña). Axúdanos a darlle a Elfo a segunda oportunidade que merece 💛.

Gilda
Idade: 1
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
🐾 Presentámosvos a Gilda 🐾 Os olliños de Gilda falan por si sós: son meigos, doces e cheos de confianza. Esta gata preciosa é a definición de compañeira perfecta: cariñosa, tranquila, sociable, limpa… ¡todo nun mesmo paquete! Ten arredor dun aniño, está castrada, vacinada e testada (negativa a leucemia e inmuno). Está lista para marchar á súa nova casa, só lle faltas ti para completar o puzzle 🧩. 👉 Se buscas unha gata con bo carácter, equilibrada e que te encha de ronroneos, Gilda é a túa! Estamos en Carballo (A Coruña). Escríbenos se queres coñecela ou compartir a súa historia. Un simple xesto pode cambiar a súa vida 💕.

Mérida
Idade: 0.1
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato común
Estado: en acollida
Historia
🐾 Presentámosvos a Mérida 🐾 Esta pequena guerreira chegou a nós co nome perfecto: Mérida, coma a valente princesa da película. É unha gatiña cunha mirada curiosa e uns olliños que prometen historias e aventuras. Aparentemente está sanotiña, pero para asegurarnos de que todo vai ben, necesita pasar uns días de cuarentena antes de poder vacinar e testar. Se todo marcha segundo o previsto, xa ten reservada unha familia que quere ampliar a súa tribo gatuna 💛. 👉 Mentres tanto, estamos buscando unha casa de acollida para ela: un lugar seguro onde poida descansar, desparasitarse e facer a súa cuarentena con moito agarimo. Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres botar unha man a Mérida e darlle ese pequeno espazo temporal (ou se estás interesada en adoptar no futuro), escríbenos. Mérida agarda por ti cun miaghiño 💕.

Felix
Idade: 6
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Comun
Estado: en adopción
Historia
Félix busca un fogar definitivo Hai xa anos que rescatamos a Félix. O seu estado naquel momento era tan terrible que preferimos non lembrar os detalles... era inhumano. Desde entón, Félix non conseguiu recuperar a mobilidade das patiñas traseiras e tampouco controla esfínteres, polo que precisa que lle vacíen a vexiga varias veces ao día. A pesar diso, non sente dor e é un gato extraordinariamente cariñoso, agradecido e doce. Viviu estes tres anos no hospital, xa que o ritmo de traballo do equipo e as responsabilidades da asociación non nos permiten darlle a atención que necesita. Alí roubou o corazón de todas as persoas que o coñeceu. Félix merece un milagre. Merece unha casa. Está en A Coruña e buscamos acollida indefinida ou adopción para el. Se cres que podes ofrecérllelo, escríbenos. Acompañarémoste na primeira visita para que poidas coñecelo e os seus veterinarios explicaranche encantados como se fai o vaciado. Non é difícil, só require compromiso e amor. Queremos o mellor para Félix, e iso é un fogar estable onde poida ser feliz e querido

Soul
Idade: 6
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mix de Pastor Aleman
Estado: en adopción
Historia
Soul é unha femia mestiza de Pastor Alemán realmente encantadora. É sociable coas persoas, agarimosa e moi doce. Leva xa uns anos con nós e merece por fin esa oportunidade que tanto busca. Ten arredor de 6-7 anos e é apta para vivir nun piso, sempre que reciba a actividade diaria que precisa. Aínda así, sería ideal para un fogar con terreo onde poida desfrutar da natureza e da compañía. Buscamos para ela unha familia responsable que lle dea todo o amor que ten gardado para dar.

Troy
Idade: 5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mix de Pastor Alemán
Estado: en adopción
Historia
En adopción: Troy 🥰 Troy é unha auténtica marabilla de canciño. De tamaño mediano, é moi agarimoso coas persoas e sociable cos demais compañeiros. Levamos anos buscando para el unha familia responsable que lle dea ese fogar definitivo que tanto merece. Ten arredor de 5 aniños.
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- 7
- Seguinte ›