Paxina Peludos con filtros

Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Paola

Paola

Idade: 0.8

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: raza

Estado: en adopción

Historia

Paola apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa. É unha pequena moi doce, xoguetona e cariñosa 💛 Está testada, vacinada e castrada. Non se puxo antes en adopción por varios motivos. Un deles foi que conseguir ese branco nuclear levou o seu tempo ✨ O outro é algo que cada vez pesa máis: todo o mundo quere bebés que en dous meses xa parecen adultos e poden pasar de ser adorables a auténticos torbellinos. Adoptar un gato de máis de 6 meses é unha opción marabillosa porque: • O test de enfermidades é completamente fiable • Xa coñeces o seu carácter • A adaptación adoita ser máis estable • Seguen sendo xoguetóns e agarimosos Darlle unha oportunidade a un gato maior de 6 meses debería ser algo normal… pero ultimamente está a resultar difícil, case imposible. Paola agarda a súa familia 🐱💛

Quero Adoptar!
Bala

Bala

Idade: 3

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Mestiza

Estado: en acollida

Historia

Bala é unha pequena de 3 anos que está a buscar un fogar onde poder empezar de novo. O seu dono xa non está e imaxinamos que o bota moito de menos, pero a pesar diso segue sendo unha cadela boa, sociable e con ganas de vínculo. Lévase ben con outros cans e disfruta moito do paseo e do xogo. Nestes meses engordou un pouco pola falta de actividade, así que precisa unha familia que lle ofreza rutinas, movemento e cariño estable.

Quero Adoptar!
Tajer

Tajer

Idade: 2

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Tajer é un can adulto novo de 2 anos, tamaño mediano (18,2 kg), extremadamente cariñoso e sociable. A pesar de xa non ser un cachorro, segue tendo a enerxía e a ilusión dun perriño novo. Segundo sabemos, pasou por dúas familias antes de chegar a nós: a primeira perdeuno ou abandonouno, e a segunda cedeuno por problemas familiares alleos a el. Leva case un mes con nós e demostrou ser un bo can, afectuoso e con moitas ganas de contacto humano. Ten algún detalle por aprender, como non subirse para pedir mimos, pero aprende rápido e non require unha paciencia infinita, só ganas de educar con respecto e constancia. Está castrado, vacinado e desparasitado. Só lle falta o máis importante: unha familia que entenda que os animais non son desbotables e que o compromiso é para sempre. 📍 Atópase en Carballo.

Quero Adoptar!
Bingo

Bingo

Idade: 1

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

🐾 Bingo busca familia 🐾 Bingo é un cachorro dun ano, moi activo e cheo de enerxía. Pensamos que se adaptará mellor a unha casa con finca, onde poida correr libremente e descargar todo o que leva dentro. É moi cariñoso e sociable, tanto con outros cans como con nenos. Un compañeiro ideal para unha familia con tempo, paciencia e ganas de compartir vida. 📍 Atópase en Carballo

Quero Adoptar!
Nova

Nova

Idade: 1

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Sabueso

Estado: en adopción

Historia

Nova busca unha familia que lle demostre que a vida tamén pode ser amable Nova é unha cadela descartada por un cazador. Chegou ata nós preñada, cun pasado duro e sen ter coñecido aínda o que significa sentirse segura. Un pequeno milagre de Nadal fixo que atopase unha casa de acollida e, por primeira vez, parecía que a sorte empezaba a cambiar. Pero a felicidade durounos moi pouco. O pasado sábado Nova púxose de parto e algo non ía ben. A súa familia de acollida tivo que levala de urxencia ao veterinario, onde foi necesario practicarlle unha cesárea de urxencia. Por desgraza, os seus dous bebés naceron sen vida. Un golpe máis para unha cadela que xa traía moita mochila ás costas. Agora Nova estase a recuperar, tanto física como emocionalmente. Durante a intervención quedou xa esterilizada, e pouco a pouco vai amosando a cadela boa e sensible que é. Aínda lle custa confiar ao cen por cen, pero sabemos que con tempo, paciencia e cariño converterase nunha compañeira incrible.

Quero Adoptar!
Chema

Chema

Idade: 0.3

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Historia do peludo🐾 Este guapo é Chema 🐾 Alguén decidiu “esquecelo” nun peche. Así, sen máis. Chema chegou cargadiño de parasitos internos e externos, froito dunha irresponsabilidade que, por desgraza, seguimos vendo demasiado a miúdo. Hoxe iso xa é pasado: está completamente desparasitado, ten posta a súa primeira vacina e conta co seu correspondente microchip. É dicir, xa ten cuberto o básico que todo animal debería ter dende o principio. Unha vez máis queda en evidencia a falta de responsabilidade humana: femias sen esterilizar parindo de maneira continua, cachorros que se “regalan” cando hai sorte… e os demais, abandonados á súa propia sorte. Chema xa está listo para atopar unha familia que o coide como merece, que entenda que o compromiso non remata coa adopción e que será necesario continuar co proceso veterinario: vacinacións, desparasitacións e a súa futura esterilización. 📌 Idade: 3 meses 📌 Peso actual: 3,5 kg 📌 Raza e tamaño adulto: non o sabemos (iso só o sabe quen decidiu abandonalo)

Quero Adoptar!