Paxina Peludos con filtros

Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Tim e Tom

Tim e Tom

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato Común

Estado: adoptado

Historia

O 11 de maio publicabamos a historia destes dous guapísimos: Tim e Tom, recollidos pola Policía Local de Carballo baixo unha ponte. Dous bebés fráxiles, desorientados e cheos de incerteza. Hoxe, dous meses e medio despois, grazas á súa marabillosa casa de acollida, están así de fermosos: fortes, sans e con moitas ganas de comezar a súa nova vida. Agora toca o seguinte paso: atopar un fogar definitivo onde os queiran e coiden como merecen. Se estás pensando en incorporar un lindo minino á túa familia, Tim e Tom son a parella perfecta: agarimosos, ben socializados e con moito amor que dar (xuntos ou por separado). Están en Carballo,A Coruña En pre adopción

Quero Adoptar!
Lio

Lio

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Lío, o mini terremoto que fai a festa el só Lío ten uns dous meses e medio, pero xa ten claro cal é o seu papel no mundo: repartir alegría e facer festa alá onde vaia. Déronlle a primeira dose da vacina e é negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina, así que está preparado para empezar a súa nova vida. Cada vez que o vemos en acción lembramos esa frase tan galega que lle vai como anel ao dedo: “fai a festa e está a ela”. Lío non precisa escusa para xogar, explorar ou inventarse aventuras. Pode estar só ou acompañado, a el dálle igual: sabe pasalo ben en calquera situación. Se queres un pouco de Lío na túa vida, xa sabes… Está en Carballo

Quero Adoptar!
Apolo

Apolo

Idade: 1

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mix de Mastín

Estado: en adopción

Historia

Apolo, o xigante doce que agarda o seu fogar Apolo é un cruce de mastín aínda moi novo, que apareceu hai uns meses en Laxe buscando refuxio, cariño e unha segunda oportunidade. Dende o primeiro día conquistou os nosos corazóns. É un amor de can: tranquilo, obediente, e cun carácter tenro que o fai irresistible. Aínda que goza da calma, tamén lle encanta correr e xogar cos máis peques, aos que trata cun respecto e delicadeza que nos deixa abraiadas. Levar a correa aínda lle custa un pouco, pero está aprendendo con paciencia e moito ánimo. Ten todo para ser un compañeiro de vida exemplar. 💛 Apolo busca un fogar definitivo, preferiblemente cunha finca onde poida estirar as patas, pero o máis importante é que teña unha familia que o queira como merece. Está en acollida en Carballo

Quero Adoptar!
Claudia

Claudia

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: Carey

Estado: en acollida

Historia

Localización: Carballo (A Coruña) Necesita: Casa de acollida sen outros gatos. Historia: Claudia apareceu unha mañá en Coristanco, completamente desorientada, cunha infección nos olliños e sen forzas. Estaba soa, moi pequena e moi enferma. Grazas ao aviso de Belén e á resposta inmediata de Lola e Sandra, puidemos guiala cara a un lugar seguro, recollela e levala á clínica. Foi bautizada como Claudia, e dende ese momento comezou a súa nova oportunidade. Está en tratamento e necesita repouso, calor e agarimo para seguir recuperándose. O que máis precisa agora é unha casa de acollida sen outros gatos, onde poida curarse sen estrés. A asociación encárgase dos gastos veterinarios; só pedimos un fogar temporal onde se sinta querida. 💛 Se queres darlle unha man (ou mellor dito, unha pata) a Claudia, escríbenos. Axudala é salvar unha vida.

Quero Adoptar!
Lucía

Lucía

Idade: 4

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Lucía é unha gata adulta e cariñosa que foi abandonada hai uns días en Carballo. A súa familia decidiu desprenderse dela ao mudarse, escollendo un piso onde non se admitían animais, a pesar de existir outras opcións. Lucía fora un regalo hai 4 anos. Hoxe, como tantos animais adultos, converteuse en “un estorbo” para quen a debía coidar. Agora busca un fogar onde si a valoren e comprendan que adoptar é un compromiso para toda a vida. Está vacinada, castrada, test negativo e convive ben con outros gatos. Unha gata tranquila e chea de amor que merece unha segunda oportunidade.

Quero Adoptar!
Trosky

Trosky

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: adoptado

Historia

Trosky é un pequechelo simpático, divertido e máis espelido que o pan quente! Sempre está disposto a xogar, correr, explorar... e dar lambetadas. É deses cachorros que se fan querer dende o primeiro segundo. Moi sociable e curioso, será un compañeiro inseparable para quen busque alegría, movemento e moito amor canino. En pre adopción 🔸 2 meses e medio 🔸 Vacinado (2 doses) 🔸 Tamaño mediano de adulto (aprox. 20 kg) 📍 En Carballo (A Coruña), soñando co seu fogar definitivo 🐾

Quero Adoptar!