Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Area
Idade: 4
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestiza
Estado: en adopción
Historia
Area é unha cadeliña marabillosa: alegre, moi mimosiña, sociábel e cun carácter encantador. Lévase xenial con outros cans e ten entre 4 e 5 aniños. ¿Vives nun piso ou nunha casa con finca? ¡Ela adáptase! Encántanlle os bos paseos e vai de marabilla coa correa. Pode ir en acollida temporal ou en adopción. As casas de acollida teñen todos os gastos veterinarios cubertos. Se queres abrirlle as portas da túa casa e do teu corazón, escríbenos. Fálle un oquiño a esta preciosidade... ¡e gañarás unha amiga fiel para toda a vida! Está castrada, vacinada e lista para coñecerte. Carballo, A Coruña.

Linda
Idade: 3
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestiza
Estado: en adopción
Historia
Linda – Unha cadeliña doce que busca fogar Linda é unha cadela nova, de aproximadamente 3 anos, castrada, desparasitada e vacinada. É tan doce como o seu nome indica, e está máis que preparada para atopar unha familia responsable que a coide para sempre. É sociable, cariñosa e moi agradecida. Se estás buscando unha compañeira fiel e afectuosa, Linda pode ser a túa mellor amiga. Localización: Carballo, A Coruña Estado: En adopción

Cinza
Idade: 6
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: mestiza
Estado: en adopción
Historia
Cinza é unha cadeliña preciosa de 6 anos, castrada, vacinada e desparasitada. Moi sociable, boa e chea de agarimo, está preparada para atopar unha familia responsable que a coide como merece. Está en Carballo (A Coruña) e lista para comezar unha nova vida! Se queres coñecela ou darlle unha oportunidade, escríbenos! Grazas por compartir!

Andrea
Idade: 0.9
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Esta beleza de panteriña chámase Andrea! Ten só 9 mesiños e xa está preparada para atopar unha familia responsable de adopción. É unha gatiña moi cariñosa, agarimosa e sociable con outros gatos. Encántalle durmir no colo, recibir atención e mimos, e compartir espazos con outros felinos, polo que é perfecta para un fogar onde xa haxa máis gatos. Está testada (negativa a inmunodeficiencia e leucemia), vacinada, desparasitada e pronto será esterilizada. É unha compañeira ideal para quen queira un corazón felino cheo de tenrura e bo carácter.

Apolo
Idade: 2
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Cruce de Mastin
Estado: en adopción
Historia
Apolo é un cruce de mastín atigrado cun pelaxe máis longo do habitual. Ten arredor de 2 aniños, pesa uns 40 kg e ten un carácter tranquilo e moi agarimoso. Está castrado, vacinado e desparasitado, listo para conquistar un novo fogar definitivo. Un compañeiro xigante de corazón doce que merece unha familia á súa altura.

Claudio
Idade: 5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Grifón
Estado: en adopción
Historia
Claudio é outro dos nosos guapísimos que segue agardando por unha familia responsable e con moito amor para dar! É moi cariñoso, sociable e xoguetón, un compañeiro perfecto que está listo para comezar unha nova vida ao teu carón. Ten arredor de 5 aniños, está castrado e vacinado, e con moitas ganas de dar e recibir agarimo. Se cres que podes darlle o fogar definitivo que merece, cubre o noso cuestionario previo de adopción e ven coñecelo. Claudio está preparado... faltas ti! ❤️👇
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- Seguinte ›