Primeiros días cun can adoptado: o esencial para non renderte antes de tempo
Adoptar un can é un acto fermoso, pero tamén é un cambio enorme para quen chega á casa. Moitos cans veñen de refuxios, de situacións difíciles ou simplemente de meses de incerteza. E cando cruzan a porta, o que viven non é “felicidade inmediata”, senón un auténtico caos emocional.
Por iso, se o teu can se agocha, treme, non quere comer ou non quere saír á rúa… non é cabezonería. É medo. E, sobre todo, é normal.
O que está vivindo realmente o teu can
Para ti, a adopción é o comezo dunha nova etapa. Para el, é perder todo o que coñecía: as rutinas, os cheiros, os espazos, as persoas.
Non entende o que pasa, nin sabe se este será por fin o seu fogar. Por iso pode:
- Agocharse ou querer estar sempre só
- Non comer ou facelo con ansiedade
- Tremar, chorar ou quedar paralizado
- Ter accidentes dentro da casa
- Negarse a saír ou resistirse á correa
- Non responder cando o chamas
Nada diso significa que fixeras algo mal. Só significa que aínda non se sente seguro.
A regra do 3–3–3: o tempo que precisa para adaptarse
Unha guía sinxela para entender o proceso:
- Primeiros 3 días: O can está en shock. Non é el mesmo, actúa por supervivencia.
- Primeiras 3 semanas: Comeza a relaxarse e tamén a amosar os seus medos ou costumes reais.
- Primeiros 3 meses: Empeza a verdadeira adaptación: vínculo, rutinas e confianza.
Cada can ten o seu ritmo. Non o compares con outros.
O que máis axuda nos primeiros días
1. Dá un espazo seguro
Un recuncho tranquilo onde ninguén o moleste. Que el decida cando achegarse.
2. Rutinas sinxelas e previsibles
Comida, paseo e descanso a horas parecidas. A estrutura dálle seguridade.
3. Sen visitas ao principio
Non precisa coñecer medio barrio o primeiro día. Primeiro debe confiar en ti.
4. Paseos curtos e tranquilos
Nada de longas camiñadas nin zonas ruidosas. Agora o obxectivo non é “pasear”, senón sentirse a salvo.
⚠️ Moi importante: NON o soltes baixo ningún concepto nos primeiros días. As fuxidas e accidentes son moi frecuentes nesta etapa.
Respecta o seu espazo SEMPRE
O can necesita tempo e distancia para procesar todo o novo. Aínda que ti esteas emocionada/o, el pode sentirse sobreestimulado ou inseguro.
- Non o persigas para tocarlo.
- Deixa que sexa el quen se achegue.
- Non o toques mentres dorme, come ou está no seu refuxio.
- Explícalles ás crianzas que non deben acurralalo nin abrazalo.
Se o can se agocha, retrocede ou rosma, NON é agresividade: é comunicación. Está pedíndoche espazo.
Pequenos avances que significan moito
Non busques perfección, busca sinais de progreso:
- Come mellor
- Dorme máis relaxado
- Olfatea durante o paseo
- Achégase por vontade propia
- Síguete coa mirada
Son pasos pequenos… pero enormes para el.
Cando consultar cunha educadora ou veterinaria
A maioría dos comportamentos iniciais son normais, pero si hai sinais de alerta:
- Non come nada en máis de 48 horas
- Paralización constante ou tremores intensos
- Mordidas con intención de danar
- Non consegue saír a facer as necesidades
- Non mellora tras varias semanas
Pedir axuda non é fracasar. É coidar do teu can e de ti.
Guía completa gratuíta en castelán
👉
Os primeiros 7 días co teu can adoptado
por Luz – Bruma Connection
Educadora canina especializada en cans adoptados, medos e convivencia real.
Artigo publicado por O Legado de Max
Adaptado e desenvolvido coa guía profesional de
Luz – Bruma Connection
, educadora canina especializada en cans adoptados, medorentos e convivencia real.