🎉 Rebaixas Solidarias: 50% de desconto no noso mercado
Boas noticias para amantes dos animais e das gangas: no noso mercado solidario comezan as rebaixas! Desde o 19 de xuño ata o 31 de xullo (ambos incluídos), ofrecemos un 50% de desconto en roupa, calzado e bolsos.

🛒 Que podes atopar?
No noso mercado temos roupa de segunda man en bo estado, calzado cómodo, bolsos para todos os gustos e moito máis. Todo foi doado con agarimo e posto á venda para axudar aos peludos que máis o precisan.
💚 Mercar aquí é axudar
O 100 % da recadación vai destinado a cubrir gastos veterinarios, alimentación e acollidas para os animais rescatados. Cada prenda que compras, salva unha vida.
“Non é só unha ganga, é un xesto que cambia vidas.”
🛍️ Entra no noso mercado solidario e aproveita estas rebaixas con causa:
👉 Ir ao mercado solidario📬 Ou se es máis de transferencia de toda a vida:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342