Un milagre de Nadal para Nova
A pesar de todo, seguimos soñando e crendo nos milagres de Nadal. E non nos queda máis que ter fe se non nos queremos volver tolas.
Hoxe pedimos unha casa de acollida para Nova, unha cadela que chegou a nós cunha desas historias que xa escoitamos mil veces: alguén díche que un cazador quería desfacerse dela porque “non caza” e que a ía eutanasiar. E alá imos, porque non queremos que pese na nosa conciencia o que puidera pasar.
Tras pasar uns días connosco, levámola ao veterinario para vacinala e facerlle unha revisión completa. E velaí a sorpresa: está preñada. Mellor dito: está preñadísima.
Terá aos seus cachorros en apenas 10 días e necesitamos con urxencia unha acollida para ela.
Necesitamos un lugar quentiño onde poida pasar estes días que lle quedan, parir nun sitio seguro e tranquilo, e onde durante dous meses poida criar aos seus cachorros con calor, seguridade e amor.
O problema
Ao estar preñada, non puidemos vacinala e leva pouco máis de 10 días connosco. Aparentemente é unha cadela sa e forte, pero non dá tempo a facer a cuarentena e non poderemos vacinala ata dentro dun tempo.
Está en Carballo, A Coruña. Buscamos con urxencia unha acollida para ela durante uns meses.
Se tes unha habitación ou espazo tranquilo, e podes ofrecer un fogar temporal (aínda que sexa só para este período), escríbenos: ás veces un “si” a tempo cambia toda unha historia.
Se alguén pode axudarnos a cumprir este pequeno milagre de Nadal, que nos escriba. ❤️
💛 Se queres colaborar doutros xeitos, aquí tes opcións seguras e directas:
O Legado de Max · Rescate, acollidas e adopcións en Carballo e arredores. Grazas por estar aí cando máis fai falta.