🐾 A historia de Lucía: dos brazos ao abandono

❌ Como chegou Lucía a nós?
Hai unha semana, o venres pasado, deixaron a Lucía nunha tenda de Carballo.
Motivo alegado: “Mudámonos de Malpica a Carballo e no piso novo non permiten mascotas”.
Como sempre, tratamos de explicar que en Carballo si hai pisos que aceptan animais. A resposta foi: “Si, pero o que escollimos non”.
Ao ver quen era a dona, entendémolo todo. Lucía foi un regalo hai 4 anos. Agora, xa adulta, era simplemente “un estorbo”.
💔 Un recordatorio necesario
Adoptar un animal é un compromiso de por vida. Non son bebés eternamente, e tampouco son mobles que se cambian ou se deixan atrás.
Agora estamos en época de camadas e de regalos irresponsables, pero eses pequenos en poucos meses serán adultos. E moitos acabarán como Lucía: traicionados por quen un día lles prometeu coidalos.
✨ Quen é Lucía?
Lucía é unha gata adulta, preciosa e tranquila.
- 🐾 Moi cariñosa e agradecida
- 🐾 Tranquila no fogar
- 🐾 Aparentemente convive ben con outros gatos sociables
- 🐾 Vacinada, castrada e test negativo en enfermidades
É a compañeira perfecta para un fogar que valore a compañía felina adulta.
“Nin Lucía nin ningún animal merece acabar así. Adoptar un gato adulto ten moitas vantaxes. E sobre todo, é un acto de amor e responsabilidade.”
🧡 Se queres darlle a Lucía a oportunidade que merece, contacta connosco a través da páxina.
📍 Estamos en Carballo (A Coruña)
🐾 Grazas por compartir. Grazas por axudar.
Se queres apoiar o noso traballo, podes facer unha doazón:
📲 Bizum ao código 07974 (concepto: “Doazón O Legado de Max”)