Axuda para Cayetana! Precisa unha operación urxente

Cayetana é unha gatiña rescatada cunha fractura grave no fémur. Precisa unha operación urxente cun custo de ata 800€.

Como podes axudar

  • Facendo unha doazón por PayPal, Teaming ou transferencia.
  • Compartindo esta publicación para chegar a máis xente.

Actualización sobre Cayetana

Cayetana recuperándose

Cayetana e nós queremos darvos as grazas infinitas pola vosa axuda.

A operación xa pasou, pero agora queda un mes duro por diante. A cirurxía foi complexa porque había un nervio atrapado e a fractura xa tiña calo formado.

Durante 3 ou 4 semanas deberá gardar repouso absoluto, para que todo sane do mellor xeito posible.

Estamos valorando a posibilidade de buscar unha casa de acollida para ela, pero aínda non o temos claro, xa que sería unha responsabilidade moi grande neste momento.

Iremos informando do seu avance paseniño.

Grazas de corazón a todas e cada unha das persoas que axudastes, dunha forma ou doutra, a que a nosa pequena puidese ser operada.

Vela en vídeo!

Mira como está evolucionando Cayetana no noso Facebook

Imaxes

Grazas por colaborar con nós! Xunt@s podemos darlle unha nova oportunidade a Cayetana.

Deixa un comentario