Canto custa realmente rescatar un animal?
Rescatar un animal vai moito máis alá de recollelo da rúa. Significa facerse cargo da súa saúde, alimentación, coidados e benestar. E todo iso implica custos que, en moitas ocasións, superan as posibilidades dunha protectora pequena coma a nosa.

Así chegou: Con infeccións graves, débil e desnutrido. Preciso atención veterinaria intensiva e moito amor.
Custos veterinarios medios
- Consulta e revisión inicial: 30 – 60 €
- Vacinas obrigatorias: 40 – 70 €
- Desparasitación interna e externa: 20 – 40 €
- Test de enfermidades (leucemia, inmuno…): 30 – 50 €
- Esterilización: 100 – 180 €
- Microchip e pasaporte: 35 – 50 €
Alimentación e coidados mensuais
Un can grande pode precisar uns 60 – 100 €/mes en alimentación, produtos de hixiene, medicación crónica ou complementos.
No caso de gatos con necesidades especiais ou de colonias felinas, os custos poden chegar a 80 €/mes por animal.

Así está agora: Coidado, mimado e a salvo. Pero cada vida así require compromiso e apoio constante.
Como podes axudar ademais de doar?
- Ofrecendo acollida temporal.
- Axudando en transportes a veterinario ou adopcións.
- Facendo difusión dos casos urxentes.
- Doando penso, latas ou medicación (consultando previamente).
“Cando rescatas un animal, non salvas só unha vida: tamén lle devolves a dignidade que lle foi negada.”
Preguntas frecuentes
É obrigatorio doar cartos para axudar?
Non. Podes colaborar acollendo, compartindo publicacións ou axudando cos transportes.
Os animais están todos vacinados e esterilizados?
Si, sempre que a súa saúde o permite. Tamén se testan de enfermidades e microchípan.
Como sei que a miña doazón chega aos animais?
Publicamos as facturas veterinarias e avances dos casos para garantir transparencia.