Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Nova

Nova

Idade: 1

Sexo: Femia

Especie: Can

Raza: Sabueso

Estado: en adopción

Historia

Nova busca unha familia que lle demostre que a vida tamén pode ser amable Nova é unha cadela descartada por un cazador. Chegou ata nós preñada, cun pasado duro e sen ter coñecido aínda o que significa sentirse segura. Un pequeno milagre de Nadal fixo que atopase unha casa de acollida e, por primeira vez, parecía que a sorte empezaba a cambiar. Pero a felicidade durounos moi pouco. O pasado sábado Nova púxose de parto e algo non ía ben. A súa familia de acollida tivo que levala de urxencia ao veterinario, onde foi necesario practicarlle unha cesárea de urxencia. Por desgraza, os seus dous bebés naceron sen vida. Un golpe máis para unha cadela que xa traía moita mochila ás costas. Agora Nova estase a recuperar, tanto física como emocionalmente. Durante a intervención quedou xa esterilizada, e pouco a pouco vai amosando a cadela boa e sensible que é. Aínda lle custa confiar ao cen por cen, pero sabemos que con tempo, paciencia e cariño converterase nunha compañeira incrible.

Quero Adoptar!
Chema

Chema

Idade: 0.3

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Historia do peludo🐾 Este guapo é Chema 🐾 Alguén decidiu “esquecelo” nun peche. Así, sen máis. Chema chegou cargadiño de parasitos internos e externos, froito dunha irresponsabilidade que, por desgraza, seguimos vendo demasiado a miúdo. Hoxe iso xa é pasado: está completamente desparasitado, ten posta a súa primeira vacina e conta co seu correspondente microchip. É dicir, xa ten cuberto o básico que todo animal debería ter dende o principio. Unha vez máis queda en evidencia a falta de responsabilidade humana: femias sen esterilizar parindo de maneira continua, cachorros que se “regalan” cando hai sorte… e os demais, abandonados á súa propia sorte. Chema xa está listo para atopar unha familia que o coide como merece, que entenda que o compromiso non remata coa adopción e que será necesario continuar co proceso veterinario: vacinacións, desparasitacións e a súa futura esterilización. 📌 Idade: 3 meses 📌 Peso actual: 3,5 kg 📌 Raza e tamaño adulto: non o sabemos (iso só o sabe quen decidiu abandonalo)

Quero Adoptar!
Mía e Maya

Mía e Maya

Idade: 0.3

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Quen pode resistirse a estes dous bombonciños? 💕 Mía e Maya teñen case 3 meses e medio e están listas para poñer rumbo a un fogar definitivo. Ademais de preciosas, son agarimosas e moi boas. Queres coñecelas? Están en Carballo, A Coruña.

Quero Adoptar!
Ambar

Ambar

Idade: 0.4

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: raza

Estado: en adopción

Historia

Presentámosvos a Ámbar, unha preciosa tricolor duns 4 mesiños. Xa ten as dúas doses de vacinas e o test de enfermidades (negativo). A Ámbar é moi xoguetona e agarimosa. Que Ámbar e os seus irmáns saian adoptados significa que poderemos seguir axudando a outros peques —e non tan peques— que seguen na rúa. Sabemos que este ano está sendo terrible pola cantidade de pequenos que aparecen cada día… pero non perdemos a esperanza de que, ao outro lado da pantalla, alguén se namore da nosa pequeniña. Está en Carballo. A información e solicitudes serán a través da nosa páxina. Grazas de corazón.

Quero Adoptar!
Bizcochito

Bizcochito

Idade: 0.4

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Quen pode resistirse a este peluchiño? 😍 Bizcochito ten só 4 mesiños e está buscando unha familia coa que pasar o resto da súa vida rodeado de amor. Atópase na Coruña. Queres coñecelo?

Quero Adoptar!
Toffee, Ambar, Félix e Simón

Toffee, Ambar, Félix e Simón

Idade: 0.6

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: Gato Comun

Estado: en adopción

Historia

Toffee, Ambar, Félix e Simón son 4 irmanciños de 6 meses que están desexando atopar un fogar onde medrar felices. Están vacinados, castrados e testados (negativo). Atópanse en Carballo, A Coruña.

Quero Adoptar!