Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖
Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Link
Idade: 0.4
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Siamés
Estado: en adopción
Historia
Link é un machiño de 4 meses, con test negativo. É súper agarimoso e está agardando a que chegue a familia dos seus soños. Queres coñecelo? Está en Carballo, A Coruña 👇🏼

Gossa
Idade: 5
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestiza
Estado: en adopción
Historia
A Gossa ten 5/6 anos e un corazón xigante. Chegou en condicións durísimas, pero con coidados, calma e moito amor renaceu. Hoxe está sa, castrada, pesa 28 kg e é súper agarimosa. É unha cadela nobre, tranquila e agradecida. Só quere o que nunca tivo: un fogar onde por fin sentirse segura e querida. Se buscas unha compañeira fiel, doce e agradecida, a Gossa é a túa pequeniña. Despois de sobrevivir a tanto, merece o seu final feliz. 📩 Se queres adoptala ou saber máis, enche o noso cuestionario e chamarémoste. Está en Carballo, A Coruña.

Melón
Idade: 1
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Melón ten un ano e medio e é súper agarimoso. Está vacinado, testado, castrado e listo para poñer rumbo a un fogar onde ser feliz o resto da súa vida. Está en Carballo (A Coruña).

Luna
Idade: 1
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: en adopción
Historia
A Luna é unha cadeliña incrible de só 1 aniño. É boa, súper agarimosa e obediente. Viviu nun piso durante un tempo e contáronnos que se portaba de marabilla. É activa, encántalle xogar, correr e facer furados 😅 pero tamén é feliz no sofá e saíndo a pasear. Está en Carballo (A Coruña).

Kalin
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: gato común
Estado: en adopción
Historia
Kalin, o pequeno milagre 💚 Este é Kalin, un bebé que apareceu cheo de gusanos e ao que houbo que levar de urxencias de madrugada. A veterinaria tivo que retirarlle un por un con pinzas, e non sabíamos se sairía adiante. Hoxe está guapísimo, forte e medrando día a día, grazas ao agarimo e coidados da súa casa de acollida.

Corme
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: gato común
Estado: en adopción
Historia
Hoxe queremos presentarvos a Corme, un gatiño moi especial. Foi atropelado no porto de Corme e estivo 11 días escondido nun tubo, loitando por sobrevivir. Os rapaces que deron o aviso non só chamaron: tamén foron quen de sacalo e, ademais, agora téñeno en acollida para a súa recuperación. A Corme houbo que amputarlle unha patiña dianteira porque a tiña destrozada, e tamén lle colocaron un cerclaxe na mandíbula rota. Rescatamos moitos animais desa zona e dese concello (Ponteceso), e dóenos que só dúas persoas valoren o noso labor. Non é só avisar: é importante lembrar que, se pedes axuda, tamén hai que corresponder. 🙏 Grazas de corazón a Mery e á súa familia por implicárvos desde o primeiro segundo.
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- …
- 11
- Seguinte ›