Os Nosos Peludos – O Legado de Max

Os Nosos Peludos

Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖

Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

James

James

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Bichón Maltés

Estado: en adopción

Historia

Idade: Pendiente de valoración Tamaño: pequeno James foi cedido pola familia do seu anterior humano. A súa dona faleceu, e o fillo decidiu levalo á perreira. Alguén quixo darlle unha oportunidade, pero non encaixaron. Non por maldade, senón por falta de entendemento e por unha historia pasada que pesa. Sospeitamos que James viviu pechado nun espazo reducido (quizais unha terraza), e posiblemente foi maltratado en algún momento. Ten medo a obxectos como escobas e desconfianza cara a determinados homes. Tamén ladra ás bicicletas ou a persoas correndo, signos que nos falan de inseguridade e aprendizaxes erróneas. Como é James? Un can moi intelixente, sociable e cariñoso. Activo, alerta e con moitas ganas de facer cousas. Pero necesita guía. Non se lle puxeron límites no seu momento, e agora busca unha persoa que lle ofreza seguridade, espazo para correr e normas claras. Estamos organizando unha valoración profesional para axudalo a avanzar. 💛 Que precisa? Un fogar con terreo, unha persoa con carácter e corazón, e sobre todo, compromiso para axudalo a recuperar a confianza e canalizar a súa enerxía de forma positiva.

Quero Adoptar!
Coque

Coque

Idade: 10

Sexo: Macho

Especie: Can

Raza: Mestizo

Estado: en adopción

Historia

Coque apareceu hai un ano na zona do cemiterio de Bertoa, e dende entón está con nós. Calculamos que ten uns 10 anos, pero conserva a enerxía e a curiosidade dun cachorro… con moita máis educación e calma. É un can moi sociable: lévase ben con outros cans, gatos e, por suposto, con persoas. Ten un carácter tranquilo, busca o contacto humano e encanta lle pasear ou descansar ao sol sen máis preocupacións. 💛 Que necesita? Un fogar onde rematar de vivir a súa vida rodeado de amor e respecto. Un sofá, un paseo diario e moitas caricias: iso é todo o que pide. Está en Carballo A Coruña

Quero Adoptar!
Astérix e Obélix

Astérix e Obélix

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato común

Estado: en adopción

Historia

Idade: 2 meses Localización: Carballo (A Coruña) Castración obrigatoria: a partir dos 6 meses Historia: Asterix e Obélix chegaron a nós sendo só dous bebés, xuntos dende o principio, con esa complicidade que só os irmáns comparten. Con apenas 2 mesiños, xa saben o que é depender da sorte para sobrevivir. Situación actual: Están en bo estado e en breve comezarán coa súa pauta de vacinación. Buscamos para eles un fogar onde medren con agarimo, responsabilidade e compromiso.

Quero Adoptar!
Am

Am

Idade: 7

Sexo: Femia

Especie: Gato

Raza: raza

Estado: en adopción

Historia

🐾 Am, a gata que sobreviviu cando todo caía ao seu redor Hai uns meses chegaban a nós Si e Am, dúas irmás siamesas de 7 anos, acompañadas de Trasto e Trasno, dous irmáns de 4 anos cruce de siamés. Viñan dunha situación de violencia de xénero, entregados nun estado físico lamentable. A historia non tivo un comezo feliz: Trasno e Trasto faleceron aos poucos días. Tiñan a boca destrozada por úlceras, vomitaban sangue… foron ingresados, loitouse por eles, pero non puideron resistir. Si e Am tamén enfermaron, coas mesmas feridas na boca e vómitos continuos. Estiveron ingresadas e, aínda que melloraron, Si recaeu ás dúas semanas e as analíticas confirmaron o peor. Tivemos que deixala marchar con toda a dignidade que merece. Am foi a única que non volveu caer. Desde o primeiro día mostrou unha forza enorme. Foi a máis sociable, cariñosa e confiada. Non sabemos se foi o estrés, o abandono ou anos de coidados precarios. Pero si sabemos que eles merecían outra saída, e que Am merece un novo comezo. 🔹 Está testada dúas veces, esterilizada, vacinada e completamente recuperada. 🔹 É doce, mimosa e adora o contacto humano. 💜 Buscamos para ela un fogar onde volver sentirse parte dunha familia, onde esquecer todo o vivido e volver durmir tranquila nun sofá. 📍 Está en Carballo.

Quero Adoptar!
Tim e Tom

Tim e Tom

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: gato Común

Estado: adoptado

Historia

O 11 de maio publicabamos a historia destes dous guapísimos: Tim e Tom, recollidos pola Policía Local de Carballo baixo unha ponte. Dous bebés fráxiles, desorientados e cheos de incerteza. Hoxe, dous meses e medio despois, grazas á súa marabillosa casa de acollida, están así de fermosos: fortes, sans e con moitas ganas de comezar a súa nova vida. Agora toca o seguinte paso: atopar un fogar definitivo onde os queiran e coiden como merecen. Se estás pensando en incorporar un lindo minino á túa familia, Tim e Tom son a parella perfecta: agarimosos, ben socializados e con moito amor que dar (xuntos ou por separado). Están en Carballo,A Coruña En pre adopción

Quero Adoptar!
Lio

Lio

Sexo: Macho

Especie: Gato

Raza: Gato Común

Estado: en adopción

Historia

Lío, o mini terremoto que fai a festa el só Lío ten uns dous meses e medio, pero xa ten claro cal é o seu papel no mundo: repartir alegría e facer festa alá onde vaia. Déronlle a primeira dose da vacina e é negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina, así que está preparado para empezar a súa nova vida. Cada vez que o vemos en acción lembramos esa frase tan galega que lle vai como anel ao dedo: “fai a festa e está a ela”. Lío non precisa escusa para xogar, explorar ou inventarse aventuras. Pode estar só ou acompañado, a el dálle igual: sabe pasalo ben en calquera situación. Se queres un pouco de Lío na túa vida, xa sabes… Está en Carballo

Quero Adoptar!