Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖
Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Apolo
Idade: 1
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mix de Mastín
Estado: adoptado
Historia
Apolo, o xigante doce que agarda o seu fogar Apolo é un cruce de mastín aínda moi novo, que apareceu hai uns meses en Laxe buscando refuxio, cariño e unha segunda oportunidade. Dende o primeiro día conquistou os nosos corazóns. É un amor de can: tranquilo, obediente, e cun carácter tenro que o fai irresistible. Aínda que goza da calma, tamén lle encanta correr e xogar cos máis peques, aos que trata cun respecto e delicadeza que nos deixa abraiadas. Levar a correa aínda lle custa un pouco, pero está aprendendo con paciencia e moito ánimo. Ten todo para ser un compañeiro de vida exemplar. 💛 Apolo busca un fogar definitivo, preferiblemente cunha finca onde poida estirar as patas, pero o máis importante é que teña unha familia que o queira como merece. Está en acollida en Carballo

Claudia
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Carey
Estado: en acollida
Historia
Localización: Carballo (A Coruña) Necesita: Casa de acollida sen outros gatos. Historia: Claudia apareceu unha mañá en Coristanco, completamente desorientada, cunha infección nos olliños e sen forzas. Estaba soa, moi pequena e moi enferma. Grazas ao aviso de Belén e á resposta inmediata de Lola e Sandra, puidemos guiala cara a un lugar seguro, recollela e levala á clínica. Foi bautizada como Claudia, e dende ese momento comezou a súa nova oportunidade. Está en tratamento e necesita repouso, calor e agarimo para seguir recuperándose. O que máis precisa agora é unha casa de acollida sen outros gatos, onde poida curarse sen estrés. A asociación encárgase dos gastos veterinarios; só pedimos un fogar temporal onde se sinta querida. 💛 Se queres darlle unha man (ou mellor dito, unha pata) a Claudia, escríbenos. Axudala é salvar unha vida.

Lucía
Idade: 4
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Lucía é unha gata adulta e cariñosa que foi abandonada hai uns días en Carballo. A súa familia decidiu desprenderse dela ao mudarse, escollendo un piso onde non se admitían animais, a pesar de existir outras opcións. Lucía fora un regalo hai 4 anos. Hoxe, como tantos animais adultos, converteuse en “un estorbo” para quen a debía coidar. Agora busca un fogar onde si a valoren e comprendan que adoptar é un compromiso para toda a vida. Está vacinada, castrada, test negativo e convive ben con outros gatos. Unha gata tranquila e chea de amor que merece unha segunda oportunidade.

Trosky
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: adoptado
Historia
Trosky é un pequechelo simpático, divertido e máis espelido que o pan quente! Sempre está disposto a xogar, correr, explorar... e dar lambetadas. É deses cachorros que se fan querer dende o primeiro segundo. Moi sociable e curioso, será un compañeiro inseparable para quen busque alegría, movemento e moito amor canino. En pre adopción 🔸 2 meses e medio 🔸 Vacinado (2 doses) 🔸 Tamaño mediano de adulto (aprox. 20 kg) 📍 En Carballo (A Coruña), soñando co seu fogar definitivo 🐾

Wanda
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Mestizo
Estado: adoptado
Historia
Wanda é unha cachorriña alegre, curiosa e moi doce. A súa pelaxe clara e esponxosa xa chama a atención, pero o que realmente conquista é a súa forma de mirar: tranquila, confiada e chea de tenrura. Gústalle explorar o mundo paseniño, con cautela, pero sen medo. É perfecta para quen busque unha cadeliña equilibrada, agarimosa e con moitas ganas de aprender e compartir. 🔸 2 meses e medio 🔸 Vacinada (2 doses) 🔸 Tamaño mediano de adulta (aprox. 20 kg) 📍 En Carballo (A Coruña), buscando familia 💛 En pre adopción

Kira
Idade: 7
Sexo: Femia
Especie: Can
Raza: Golden Retriever
Estado: en adopción
Historia
🐾 Kira: unha golden retriever cun corazón enorme 🐾 Kira é unha preciosa golden retriever nacida en 2018 que, pese a ter pasado por unha vida moi dura, mantén intacto o seu carácter cariñoso e doce. Desde que foi rescatada o 1 de maio de 2025, está aprendendo a andar con correa, tamén estamos a revisar como se leva con outros animais e ela está a descubrir que o mundo tamén pode ser bonito e seguro. Agora mesmo, Kira xa ten chip, está desparasitada e castrada. Busca unha familia que lle dea unha segunda oportunidade, que a acompañe nesta nova etapa e que lle dea todo o amor que merece. 👉 Estamos en Carballo (A Coruña). Se queres saber máis ou coñecer a Kira, escríbenos!
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- …
- 11
- Seguinte ›